
Quen somos
Recursos Activos é a división do Grupo Sociser nacida coa vocación de proporcionar solucións sinxelas e inmediatas ás administracións locais para dar cobertura ás vacantes temporais que se produzan no seu cadro de persoal.
Coñecedora das novas necesidades dos concellos, aos que levamos prestando servizos profesionais dende hai máis de 25 anos, a nosa compañía segue avanzando deste xeito na procura de alternativas adaptadas aos novos modelos de xestión e aos cambios introducidos pola Lei de Racionalización do Sector Público.
O noso modelo
Recursos Activos facilita respostas áxiles e profesionais para que os concellos poidan cubrir con prontitude as vacantes que rexistran en distintos postos de traballo, normalmente por baixas, vacacións ou mesmo a introdución dalgún novo servizo.
A compañía procura a contratación de profesionais residentes no termo municipal onde se realizan as substitucións, se ben, no caso de non resultar posible, pon a disposición dos concellos persoal propio coa cualificación profesional requirida para cada perfil.
Todo cunha fórmula de contratación rápida, sinxela e economicamente vantaxosa, xa que Recursos Activos dispón de convenio propio e específico para distintas categorías profesionais.


Contamos con profesionais
e persoal técnico
coa cualificación requirida
para cada perfil…

con solucións rápidas e eficientes
para a cobertura de vacantes temporais

con fórmulas de contratación áxiles
e sinxelas para servizos de substitucións

e con profesionais e persoal técnico
coa culificación requirida para cada perfil
que cubren necesidades como…

Servizos
administrativos
Titulados universitarios e técnicos superiores (especialidade segundo perfil requirido)
:::
Técnicos administrativos e auxiliares
:::
Persoal subalterno

Servizos
sociais
Auxiliares de axuda a domicilio
:::
Educadores sociais
:::
Traballadores sociais
…

Servizos
sanitarios
Enfermeiros/as
:::
Terapeutas ocupacionais
:::
Fisioterapeutas
…

Servizos
educativos
Técnicos superiores en Educación Infantil
:::
Monitores de xardín de infancia
:::
Monitores educativos (especialidade segundo perfil requirido)
…

Servizos
deportivos e de lecer
Monitores de ocio e tempo libre
:::
Monitores deportivos
:::
Socorristas
(Técnicos deportivos en Salvamento e Socorrismo)
…

Servizos
de mantemento
Técnicos de mantemento (especialidade segundo perfil requirido)
:::
Técnicos xardineiros e peóns forestais
:::
Persoal de limpeza
…

Consultoría
Recursos Activos tamén presta os seus servizos de asesoría e consultoría a aquelas administracións locais que precisan apoio para a reorientación ou posta en marcha de novos plans, programas ou servizos comunitarios, en todas ou nalgunha das súas fases de implantación.
Intervención familiar
e drogodependencia
Programas de vivendas
comunitarias
Plans municipais de prevención
contra a violencia de xénero
Programas de formación
e inserción laboral
Servizos de
Axuda a Domicilio
Servizos de
comedores colectivos
Contacte con nós

Tel: 902 104 900

